Genre: Fantasy
About ExcaliborLocation: Madrid, Spain Home Region: Age:35 Website: http://excalibor.blogaliza.org/ Favorite novels: Cyberiada, Master & Commander Series, Hannibal, Troia, Gates of Fire, Olympus, Dune Favorite writers: Gisbert Haefs, Stanislaw Lem, Patrick O'Brian, Frank Herbert, Collen McCullough, Stephen Pressfield, Dan Simmons Favorite music: Celtic music, Classical (esp. Boccherini), Japanese anime Non-noveling interests: Computers, Martial Arts, History, Comic books |
Joined: Oktober 4, 2004 This Year: Official Participant NaNoWriMo History: NaNoWriMo posts: 12 NaNoWriMo buddies: 13
|
|
Brief Author Bio: Wrote Science Fiction tales for years, now I have several half-written Historical Fiction novels. Studied Physics and now work as a programmer. Been doing this crazyness for years, it's like a season right now, embedded in my mental gears. Let's write! |
|
Synopsis: Wishes
Cando Xandre se espertou aquela calurosa mañá de verán pouco podía imaxinar que por culpa dun desexo do seu subconsciente remataría a se convertir nunha peza clave nun conflicto que está a ameazar non só a supervivenza da Terra, mais do propio Cosmos e todo o Universo.
Excerpt: Wishes
(da segunda escena do Capítulo III):
[...]
Cando chegaron alí atoparon unha sorpresa inesperada: Natalia volvera á cidade.
--Vaia, xa estás aquí --dixo Lisa cando a viu no salón, falando con Sombra, que semellaba unha furia de odio contido: non era que as dúas rapazas fosen antitéticas, pero moi lonxe de selo non andaban, non.
--Lisa! Que sorpresa... Chego á casa e atópome coa túa... "amiga"... --Natalia podía falar entrecomiñando as palabras, cousa que enfatizaba facendo unhas comiñas cos dedos das mans, como se debuxase as comiñas no aire.
--Non son a súa amiga --dixo Sombra en cursivas sen necesidade de facer ningún aceno.
--Si, perdoa... E agora chegas cunha nova amiga!
--Ah, non contaba contigo ata mañá --conseguiu dicir Lisa, aínda paralizada na porta.
--Ah, si, é que o voo a París foi cancelado no último intre, un problema de navegación, ou algo así, e mandáronnos á casa, aínda que mañá pola tarde saímos outra vez, a Edimburgo.
--Ah, vaia... Pois... --Rematou de entrar, temorosa da reacción da súa compañeira de piso, que era un pouco bipolar, e tanto estaba superamigable como unha fera--. Pois esta é... Xandra.
--Ola, encantada --dixo Xandra adiantándose e dándolle un par de bicos na meixela, deixando marca do carmín que se puxera despois de comer, "para probar": non se decatara de que esa era unha das razóns polas que as mulleres bicaban de lado, máis rozando as caras que estampando os beizos nun bico como era debido--. Oh, perdón, mancheite co carmín, non me lembraba...
--Non pasa nada --dixo Natalia, leda--, un pano e listo... Así que Xandra, eh?
--Si --dixo Lisa rapidamente--. Ela é... unha prima de Xandre. Lémbraste de Xandre, non si?
--O teu amigo químico?
--Si, dese mesmo.
--Ah, pois vaia... Es moito máis guapa do ca el, a verdade... Non é por ofender, pero ese rapaz estaría máis guapo se cambiase o peiteado, e tamén a actitude, é demasiado tímido.
--Si --riu Xandra forzadamente--, a verdade é que eu llo digo case que tódalas veces que o vexo, pero el está no seu mundo, cos mangas e os xogos de consolas...
--Si, é verdade --coincidiu Natalia--, pero iso forma parte do seu encanto, non si?
--Ti cres? --preguntou Xandra, intrigada. Non sabía que lle gustase, aínda que fose un pouco, á espectacularmente guapísima compañeira de piso de Lisa.
--Nata --dixo esta última--, e que vas facer?
--Pois descansar un pouco e despois saír de marcha... Por que o dis?
--É que Xandra tivo un pequeno accidente coa súa roupa, e empresteille un pouco da túa, que levades case a mesma talla, aínda que ti es moito máis alta...
--Non tanto --protestou Xandra, ferida no seu amor propio.
--Vale, pero Nata está máis delgada ca min, e iso é o que contaba, ou non?
--Vale, vale... Non pasa nada, non me importa, teño máis roupa da que podo usar de todas formas, paso a metade da vida metida no uniforme de voo...
--Moitas grazas, Natalia, es moi amable...
--Nada, nada, muller, se es "amiga" de Lisa, es miña amiga...
--Eh, non é a miña amiga --protestou Lisa, subitamente ruborizada--, bo, non nese "senso" --recalcou facendo o xesto de Natalia--, o que pasa que ela viu ver o seu primo e el tivo que marchar ao pobo de súpeto, e ela quedou para ver a cidade e iso.
--Ah, iso explícao todo... Pois nada, se queres ver a cidade, tes que saír comigo! Coñezo todos os locais máis chic da cidade, e en todos déixanme pasar sen pagar --engadiu un chisco do seu ollo azul coma o ceo.
--Ah --sorriu Xandra, subitamente nerviosa--. Pois moitas grazas, pero non sei se...
--Parvadas! Claro que podes, se Lisa non quere vir porque eses sitios están cheos de homes rexos e fortes, desexosos de poder gozar dun corpo de muller de verdade, pois que non veña... --O ton de Natalia xa non era tan xoguetón como antes.
--Eh... --dixo Xandra, mirando para Lisa... Socorro, gritou mentalmente.
Lisa suspirou, vencida xa antes de presentar batalla.
--Vale, saímos esta noite.
--Esta noite xa tiñamos plans --dixo Sombra nun ton de voz completamente xélido.
--Pois deixádeos para outro día --replicou Natalia, mirando furiosa para ela--, eu só vou estar aquí esta noite, non sexas egoísta, "Sombra" --dixo, esta vez acadando as comiñas sen necesidade de xestos.
--Vale --respondeu Sombra, respondendo aos acenos de súplica que lle facía Lisa desde o outro lado do salón, aproveitando que Natalia non a podía ver.
--Estupendo --dixo entón Natalia, volvendo a ser tan encantadora coma sempre--. Vou durmir unha sesta, e despois ceamos algo lixeiro e poñémonos guapas!
--Vale, descansa... Buf, por fin soas! --Lisa estaba azorada--. Que mal trago! En fin, creo que é un prezo pequeno a pagar, non si?
Xandra asentiu, aínda un pouco preocupada.
--Ódioa --dixo Sombra en voz baixa e desapaixonada--. Ódioa, en serio.
Excalibor's Writing Buddies
|
|


add as buddy
send NaNoMail
visit website